Reportajes

FOLCK Revista Espectáculos y Fiesta. Nº 5

Festivales de Verano en Galicia

Acabouse. A oferta de festiváis folck chegou ó seu fin e prima facer balance das múltiles noites de musica, viño e artesanía. E é que as claves deste ano quedaron totalmente definidas: grupos galegos arreo, práctica ausencia de conxuntos estranxeiros e masificación de público. Xunto a elo, o escaso orzamento das asociacións organizadoras (prácticamente todas de carácter cultural, con excepcións claras nos concellos de Moaña, Ortigueira e Parada do Sil) que peta frontalmente co malgasto doutras alternativas musicáis oficiáis. O debate está servido e a el únese o letargo festivaleiro do inverno. Son, sen dúbida, termos que precisan unha reflexión cando o son dos roncons e a suave calor das noites estiváis ainda vibra nas nosas mentes con total frescor.

A choiva, descenso das temperaturas, caida das follas de árboles e depresión provocada pola manida volta a casa... nese contexto prodúcese o final do calendairo festivaleiro folck. Aträs durme o doce cheiro da herva; as horas mortas na sesta resacosa; o son dos primeiros roncos e o estoupido final da müsica nun universo de aplausos e calor; so mitigado pola brisa e o sempre molesto orballo do calimocho:

o rexurdir da música tradicional

A fornada de festiváis galegos congregou no noso país a milleiros de persoas, tanto a forofos incondicionáis do folck, como a novos adeptos deste rexurdir da música tradicional. O carón dos certames xa asentados, naceron outros con menos fama pero non por elo menos interesantes: Crendes, Montederramo, As Pontes, Catoira, Silleda, Vimianzo, Narahío ou Neda constituironse recentemente como citas a destacar polo seu frescor e oportunidade que ofrecen ós grupos principiantes de facer os séus primeiros pasos festivaleiros. Sen dúbida foi o máis destacado deste ano: a participación dos grupos da terra máis ou menos asentados xunto a grandes figuras. Ramo Cativo, Characulus, Cachimonia, Carunchos, Muxarega, Domine Cabra, Repique na Brea, A Macuca, Roquementroque... ducias de nomes que comezan a soar pola súa presencia en múltiples festiváis. E soan ben. Moitos de estes principiantes inevitablemente morreran; pero outros definiran o seu estilo e poderan acadar nome propio na escea musical galega.

Presupuestos pobres

Xunto a masiva participación de grupos da casa, ós que hay que unir a calidade e solidez dos asentados Luar na Lubre, X.M. Budiño ou Berrogüetto abraia este ano a práctica ausencia de artistas de fora. Shebeen, Dervish, Mick O'Brian Band, Lunasa, Skolvan, Deaff Shepherd ou Värttina foron as únicas formacións extranxeiras que nos visitaron este verán, o que pode atribuirse o escaso presuposto co que contan as diferentes organizacións festivaleiras. Porque se algo debemos sinalar dos festivais folck galegos é que a súa xestión recae case con exclusividade en asociacións culturais. Berra!, en Lalín; O Castelo, en Moeche; Xérmolos, en Pardiñas ou Herba e Son, en Liméns asentaron sobre os seus hombreiros a responsabilidade da contratación e realización dos concertos. E elo sen retribución económica algunha; senon todolo contrario: soportando o traballo arduo de tramitar eventos desta envergadura.

masiva afluencia de público

Ós veterans asistentes a festiváis folck súmase desde hai uns anos unha masa de novos devotos. Ben sexa polo auxe da música celta ou polo estilo de diversión alternativa que ofrecen. Son moitas as peñas que reforzan lazos acariciados polas notas do roncon e o sabor do viño. As citas, únicamente de caracter anual. E é que durante o inverno a oferta Folk redúcese a concertos en pubs contados e auditorios municipáis. Eso e escoitar os CD's no salón da casa. Poucos osan en Galicia apostar por festivais folck invernais. A pioneira experiencia da Oktoberfest de Betanzos, en 1977, non tivo continuación, ainda co bó resultado de público acadado. Probable é que, en breve, alguen sinta a chispa de xestionar algo así. Alguen atreverase e outros o seguiranlle. Mentres tanto a continuar soñando. Queda na memoria o doce olor da herva, da sesta resacosa, o son dos primeiros roncóns e o estoupido final da música no universo de aplausos e calor, só mitigado pola brisa e o sempre molesto orballo de calimocho. Ata o ano que ven.

..

TODAS LAS FIESTAS DE ESPAÑA List